Función solidaria dentro do Centro Penitenciario de Bonxe

O 28 de febreiro achegámonos ao Centro Penitenciario de Bonxe para realizar unha función de Alicia Wants To. Esta é a segunda vez que actuamos de forma solidaria neste espazo, pois o pasado outubro estivemos con En Carne Viva, e tamén impartindo uns obradoiros de teatro físico para as persoas do módulo da UTE. De novo, a experiencia foi moi gratificante para toda a equipa, grazas á acollida e cariño infinito por parte de todas as persoas internas e do persoal e dirección do centro.

Dende Bengala cremos que o teatro, e as historias que nel se contan, debe chegar a todo tipo de espazos e persoas, e é por iso que traballamos para rachar coas barreiras que nos impiden facelo posible tanto como nos gustaría.