En Carne Viva

ATA ONDE PODEMOS OPRIMIR A UN SER HUMANO PARA QUE FAGA O INNOMEABLE?

EN CARNE VIVA danza entre varios mundos, varias personaxes presas da mesma historia e que tratarán de sobrevivir nunha sociedade deshumanizada. Disforia de xénero, frustración, amor, suicidio e xuventude son temas protagonistas nesta historia que investiga e reflexiona sobre a convulsa sociedade actual. 

Unha dramaturxia inspirada libremente na personaxe de Segismundo da obra ‘La vida es sueño’ de Calderón de la Barca; na película ‘Laurence Anyways’ de Xavier Dolan e en múltiples investigacións e relatos anónimos. 

DIRECCIÓN E DRAMATURXIA AN GONZÁLEZ ELENCO ANDREA MASEDA · ESTRELLA TOMÉ · ALICIA LÓPEZ · ESTELA DEL RÍO · LYDIA LÓPEZ ILUMINACIÓN JORGE LÓPEZ · DYANGO PÉREZ VESTIARIO ELISA DÍAZ · FIXENÖEU ATREZO ERO VÁZQUEZ AUDIOVISUAIS ANDREA MASEDA · ORQUÍDEAS POCHAS FOTOGRAFÍA LAURA POSE · ALEJO ROMERO VOZ EN OFF MANO PARDO COLABORACIÓN TIC LUGO