En Carne Viva dentro Circuíto en Igualdade da Deputación da Coruña

Os días 14, 15 e 16 de abril estaremos en Cee, Vimianzo e Carballo realizando funcións coa nosa peza En Carne Viva dentro do Circuíto en Igualdade que promove a Área de Igualdade da Deputación da Coruña. Estas funcións forman parte dun proxecto no que achegamos a 11 centros educativos aos teatros da súa contorna para que coñezan e reflexionen sobre diversas cuestións a través da mirada das personaxes de En Carne Viva. Ao final de cada sesión realizamos unha mediación-coloquio na que promovemos que o alumnado comparta as sensacións e pensamentos espertados durante a peza. Todo isto está acompañado duns obradoiros de teatro físico para as emocións impartidos nos propios centros cos que afondamos un pouco máis alá no obxectivo de contar co corpo o que a veces non somos capaces de contar coa palabra.