BENGALA TEATRO FÍSICO

A Compañía

BENGALA TEATRO FÍSICO está formada por artistas multidisciplinares que conxugamos as nosas diversas perspectivas e disciplinas artísticas cara un mesmo obxectivo: reflexionar a través da arte, aspirando a ser paridoras de preguntas. Vivimos nun mundo convulso que demanda afondar e achegar luz ás problemáticas sociais máis alarmantes. Deste xeito, apostamos por unha linguaxe plural na que combinamos diferentes artes vivas coa intención de facer un teatro que envolva e atravese, sobre todo ao público máis novo. Cremos no teatro como un espazo onde é posible investigar a actualidade e trasladar todas estas cuestións á sociedade, interpelándoa activamente co obxectivo de fomentar o seu espírito reflexivo e pensamento crítico. Creamos dende os View Points e construímos a dramaturxia dende a pregunta: Por que se precisa esta obra agora?

As Andreas de Bengala

An González (A Estrada, 1995). Co-xestora da compañía · Directora e dramaturga. 

Andrea Maseda (Muimenta, 1993). Co-xestora da compañía. Actriz e creación audiovisual.

As Andreas de Bengala Fundadores de Bengala Teatro Físico

QUE TEMOS QUE FACER PARA POÑER A MARXE NO CENTRO?

Alicia Wants To é unha mistura de realismo máxico e crueza social que nos conta a historia de Alicia, unha adolescente que sufre problemas coas drogas e unha posible situación de abuso. O espectáculo comeza no momento no que Alicia é expulsada dun centro de menores e se reencontra con Juana, súa nai. Ambas son mulleres da marxe, da fronteira, do borde, que tratan de sobrevivir nunha sociedade atravesada pola exclusión social, os abusos, a pobreza e un sistema xudicial que non protexe a todos por igual. Esta historia está contada e construída a través dunha partida de xadrez na que o público é parte activa, elixindo algunha das decisións que ten que tomar Alicia e polo tanto decidindo como continúa o espectáculo.

A dramaturxia está inspirada libremente en referencias como Alicia no país das marabillas e na película Mommy de Xavier Dolan.  

DIRECCIÓN E DRAMATURXIA AN GONZÁLEZ ELENCO ANDREA MASEDA · ESTRELLA TOMÉ · ESTELA DEL RÍO · ALEXIA VILLAR  ILUMINACIÓN JORGE LÓPEZ VESTIARIO ELISA DÍAZ · FIXENÖEU ESCENOGRAFÍA BORJA C. PERNAS ATREZO ERO VÁZQUEZ AUDIOVISUAIS ANDREA MASEDA · FOTOGRAFÍA LAURA POSE VOZ EN OFF MANO PARDO COLABORACIÓN TIC LUGO · CONCELLO DE SARRIA · CONCELLO DE MEIRA

CALENDARIO

ALICIA WANTS TO

7 MARZO (20:30)

TEATRO PRINCIPAL A ESTRADA

A ESTRADA

ALICIA WANTS TO

27 MARZO (21:00)

TEATRO LAURO OLMO

O BARCO DE VALDEORRAS

ALICIA WANTS TO

10 ABRIL(20:30)

CENTRO CÍVICO MANUEL MURGUÍA

ARTEIXO

ALICIA WANTS TO

23 ABRIL(20:30)

AUDITORIO GUSTAVO FREIRE

LUGO

ALICIA WANTS TO

21 MAIO (20:30)

TEATRO PRINCIPAL

SANTIAGO DE COMPOSTELA

ALICIA WANTS TO

3 DECEMBRO(20:15)

EDIFICIO MULTIUSOS

MONFORTE DE LEMOS

BENGALA Teatro Físico 
bengala.teatrofisico@gmail.com 
607867677